A miña forma de traballar vén determinada pola miña formación
Nas intervencións utilizo as seguintes orientacións:
Cognitivo-conductual, orientación psicolóxica que analiza como o pensamento inflúe no noso comportamento co obxectivo de prover de ferramentas que axuden a manexar as dificultades de forma máis adaptativa e saudable.
Terapeuta familiar permite abordar os conflitos que a xente presenta no contexto das súas relacións coas persoas máis significativas.
EMDR (Eye Movement Desensitization and Reprocessing) é unha abordaxe nova centrada no paciente que permite que o terapeuta estimule os mecanismos de curación inherentes ao propio suxeito. Pon en marcha un sistema de procesamento de información do cerebro. A terapia EMDR está avalada pola Organización Mundial da Saúde e as Guías Clínicas Internacionais para o tratamento do trauma. Baséase no reprocesamento das experiencias vitais adversas e traumáticas a través de procedementos estruturados de estimulación bilateral, desencadeando a redución e/ou desaparición da sintomatoloxía. A súa aplicación estendeuse a un amplo rango de problemas clínicos.
Como profesional da psicoloxía
O meu labor é axudar a desenvolver unha serie de habilidades e recursos para resolver problemas, necesidades ou conflitos por un mesmo de forma que a medio prazo non se dependa ou necesite ao psicoterapeuta.
Ansiedade: crise de angustia, agorafobia, dificultades de concentración ou toma de decisións, obsesións, fobia social …
Depresión: tristeza, apatía, desgana …
Dificultades familiares: problemas de comunicación, convivencia …
Infanto-xuvenil: dislexia, pautas para TDAH, dificultades cos estudos, ansiedade ao estudar, problemas de conduta, ansiedade, medos …
Trauma: eventos traumáticos en maior ou menor medida, desde perdas de persoas significativas e proceso de duelo, accidentes, moving laboral …